Derrota do Universitario na cancha do Bembibre

Derrota do Universitario na cancha do Bembibre

01 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Era previsible e cumpríronse as previsións. O Bembibre é un dos conxuntos máis fortes da categoría e entraba nas combinacións previstas unha posible derrota na cancha leonesa, como así foi. Ás locais costoulle moito sacar o partido adiante e tiveron, as leonesas, que poñerse o buzo de traballo. O encontro rematou con 69 a 61 a favor do conxunto do Bierzo.

O partido estivo moi igualado pero o Bembibre dominou nos dous primeiros cuartos e o equipo de Chiqui Barros os dous últimos. De novo Britain Miller foi a grande anotadora do Uni con 26 puntos e unha valoración de 39 que foi a mellor do partido. Despois desta derrota o Universitario Ferrol baixa á sexta posición (provisionalmente ata que se celebren os partidos de mañán domingo) con tres vítorias e duas derrotas.

Deportes