Desbórdanse as solicitudes nos obradoiros de primavera do CENTRAD

Desbórdanse as solicitudes nos obradoiros de primavera do CENTRAD

14 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O prazo de inscrición nos 31 obradoiros que o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación ofrecerá esta primavera abriuse fai quince días e son xa 380 persoas as que presentaron unha solicitude, o que pon de manifesto o grande interese que esta iniciativa esperta entre os artesáns e o público en xeral. Os interesados en participar nos cursos, que se iniciarán a comezos de abril e contan cun total de 241 prazas, a&iacute

O prazo remata cinco días antes do comezo de cada curso e, no caso de haber máis solicitantes que prazas, a selección farase por rigoroso orde de inscrición. Neste senso, a cota dispoñible de prazas xa está cuberta na maioría dos casos e en moitos hai lista de espera, pero aínda quedan vacantes en 10 obradoiros: “Cestaría de palla. Sancosmeiro de Noia”; “Técnicas de macramé aplicadas á cestaría”; “Peches e movemento. Mecánica das xoias”; “Engaste de pedras”; “Raku occidental”; “Técnicas de macramé”; “Deseño de espazos/Deseño de stands”; “Pinturas e vítreas. Elaboración de obxectos de vidro”; “Escultura en vidro” e “Pedra e ornamentación”.  

Na programación de primavera predominan as xornadas sobre cestaría e xoiaría, as máis consolidadas xunto coas de coiro na oferta do CENTRAD, pero incorpóranse novidades como unha de fabricación de cerámica coa técnica “Raku occidental”, deseño de espazos de exposición, fotografía dixital, fabricación de papel e talla de pedra. Polo demais, tamén haberá obradoiros de téxtil, restauración de mobles e elaboración de pezas de vidro. O primeiro deles arrancará o próximo 6 de abril e será de cestaría. 

Por outra banda, o centro iniciou este luns o obradoiro “O Torno na Escultura”, que forma parte da programación de actividades de inverno. As xornadas vólvense a ofrecer despois de 6 anos debido ó interese dos demandantes. Contan con 10 alumnos, que cubriron as prazas dispoñibles, e desenvolverase hasta o 30 de maio, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Francisco Pérez-Porto é o encargado de dar as clases, nas que se amosarán técnicas de representación gráfica, de amasado e modelado e de moldeo, o uso do torno, técnicas de pintura de esmaltes sobre cerámica e procesos de técnicas de cocido de obxectos de cerámica.

Ademais destas xornadas, continúan impartíndose no CENTRAD as de fabricación de sortellas, técnicas de cosido manual en coiro e raíces da fotografía. Tamén segue o obradoiro de olería de Bonxe organizado no taller da artesá Josefa Lombao, unha actividade que o Centro de Artesanía da Deputación realiza fóra das súas instalacións por primeira vez. 

Actividade nos colexios
 
Os obradoiros portátiles que o CENTRAD ofrece en colexios e institutos da provincia seguen esta semana con xornadas sobre cestaría no colexio “Aneja” de Lugo; de fabricación de papel, no CEIP de Castroverde e no de Monterroso; de instrumentos musicais, no colexio “Antonio Pedrosa Latas” de Celeiro, en Viveiro; e de monicreques, no CEIP lucense “Luis Pimentel”.

Sociedade