Descubrimentos en Compostela

Descubrimentos en Compostela

15 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Segundo a lenda, no ano 813 o ermitaño Paio descubriu o sepulcro de Santiago o maior no lugar de Sanfiz de Solovio, en Compostela. Na mesma cidade en 2014 descúbrese un novo medio de comunicación. Nace unha radio universitaria, con vocación de facer camiño.

A nova canle Radio campUSCulturae on line, que é unha iniciativa do proxecto europeo homónimo coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela e que conta con financiamento da Culture Agency da Unión Europea, emitirá a diario unha programación realizada por estudantes, profesores e persoal non docente da USC, así como por centros de ensino non universitario, colectivos de inmigrantes, asociacións e internos dos centros de penitenciaría de A Lama (Pontevedra) e Teixeiro (A Coruña).

 

Os feitos históricos

O denominado descubrimento do sepulcro de Santiago dátase no ano 813, durante o reinado de Afonso II o Casto. No lugar de Sanfiz de Solovio, o ermitaño Paio e logo o bispo de Iria Teodomiro, descobren os restos dun pequeno edículo que identifican coa tumba de Santiago o maior. Para o historiador Ramón Villares, "con independencia da certeza ou non da presencia dos rstos do apóstolo no tal edículo, o máis importante a suliñar é a rapidez con que se difunde o culto xacobeo. E evidente que non se debe soamente a razóns relixiosas ou de devoción, senón directamente políticas".
Prisciliano chegou a ser bispo de Ávila, pero logo escapou para as Galias, onde foi perseguido e decapitado, en Tréveris, no ano 385.A súa interpretación rigorista da doctrina cristiana arraizou con rapidez en Gallaeciae, Lusitana e nas Galias. A Igrexa oficial tentou mediante diversos concilios (Zaragoza, 380, Toledo, 400) condenar a Prisciliano e facer abxurar da súa doctrina aos seus seguidores. Malia todo isto, o priscilianismo seguiu tendo adeptos durante moitos anos.

 

O feito indiscutible é que, pertenzan a quen pertenzan os restos da catedral,  a chamada do sepúlcro de Compostela desatou un movemento de masas inusitado, creou a palabra peregrino e sementou a noción de identidade europea.

 

Sociedade