Desestiman o recurso de Viaqua

Desestiman o recurso de Viaqua
02 de Xaneiro, 2020 - 12:32 h. | Publicada por Radio Fene

O Tribunal Superior de Xustiza desestima o recurso de apelación de Viaqua no que pretendía a actualización das tarifas da auga no Concello de Fene. A empresa concesionaria reclamaba á administración municipal 329.103,76 euros referidos ao ano 2017. A sentenza vense sumar a outros pronunciamentos idénticos para os anos 2015 e 2016.

 

 

ESCOITA O PODCAST:

O alcalde de Fene Gumersindo Galego valora de xeito positivo a sentenza

http://173.255.131.18/audio/020119GALEGO.mp3

Oficina de Viaqua en Fene

O Tribunal indica que no contrato asinado entre o Concello de Fene e Viaqua se especifica que variarán os prezos, sempre e cando varien os prezos do suministro de auga de Ferrol. Indicase que a empresa concesionaria debe aprotar un estudo con previsións de aumento de abonados, ampliacións do servizo e actualización do prezo da concesión. Para a autoridade xudicial, a solicitude presentada no seu dia por Viaqua non contiña a motivación  non aporta o estudo nen as probas requeridas. A sentenza impon ás costas á empresa concesionaria.

Institucional

Publica o teu comentario agora