Despois do fín do veto, qué?

Despois do fín do veto, qué?

13 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

ANOVA_Ferrol inicia unha serie de actos sobre a nova situación que se abre para o sector naval. O obxectivo é establecer un diálogo con todos aqueles sectores que, dun ou doutro xeito, teñen expresado a súa preocupación, a súa protesta ou a súa denuncia nos derradeiros 30 anos (desde a reconversión naval até hoxe). Anova pregúntase, cando chegue o fín do veto ao Naval, qué?

A organización que lidera Xosé Manuel Beiras pretende abrir unha nova etapa que mire o futuro máis inmediato ( do pasado temos memoria e consecuencias, actores e colaboradores, malas xestións, desemprego...). Pero agora dín que é momento de planificar o futuro. O titulo da Palestra é: “ fin do veto. Inicio de algo?”.

ANOVA Irmandade nacionalista de Ferrolterra organiza unha palestra a celebrar este venres 15 ás 20h no local vecial de Perlío, na antiga escola Peleteiro. Intervirán: Manuel Grandal (coportavoz da CIG) e Ramón Yáñez (economista e membro do grupo RUMBO XXI).

Sociedade