A destrución de emprego acelérase en Galicia no primeiro trimestre do 2013

A destrución de emprego acelérase en Galicia no primeiro trimestre do 2013

25 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do primeiro trimestre de 2013 poñen de manifesto que se acelerou a destrución de emprego en Galicia. Neste período produciuse o 52,8% da perda de postos de traballo do último ano: 27.400 empregos menos nos primeiros tres meses de 2013 e 51.900 menos comparando co primeiro trimestre de 2012. Así as cousas, o número total de persoas desempregadas é de 287.400. A dinámica de emprego de Galicia é

Para a secretaria de Emprego de CC OO de Galicia, Maica Bouza, os datos da EPA son a constatación do «panorama desolador» dunha economía en recesión. Na súa opinión, mentres non varíen as políticas económicas da Xunta e do Goberno central, a situación non mellorará, senón todo o contrario: as medidas de axuste provocarán máis paro, máis pobreza e maior exclusión social.

UGT-Galicia considera ineludible o cambio de obxectivos da políticas económicas, recuperando o crecemento e o emprego como eixos fundamentais, basados nunha maior cohesión e igualdade social. O Sindicato non acepta que o desemprego, a rebaixa salarial xeneralizada, o empobrecemento masivo, a exclusión social ou a eliminación de servizos públicos sexa a única política posible fronte á crise.

Os datos son para a CIG, no seu conxunto, demoledores. “Evidencian o estrepitoso fracaso das políticas do partido Popular, que están a provocar a destrución do noso tecido produtivo e a expulsión de miles de persoas do mercado laboral”, sinala Antonio López Rivera, secretario confederal de Emprego e Industria.

Sociedade