Deteñen na Coruña a un mozo que roubaba a anciáns coa escusa de prestarlles axuda

Deteñen na Coruña a un mozo que roubaba a anciáns coa escusa de prestarlles axuda

21 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Grupo de Investigación do Distrito Norte do Corpo Nacional de Policía da Coruña detivo a C.M.R., un coruñés de 19 anos, como autor dun roubo nunha vivenda, habitada por anciáns, á que accedeu coa escusa de prestarlles axuda. A denuncia foi presentada por un dos inquilinos do piso, de máis de 80 anos, quen atopou ao mozo na sú

Os inquilinos da vivenda son anciáns que teñen alugadas as habitación. Os veciños do inmoble mesmo coñecían ao mozo polo nome e, mentres agardaban pola ambulancia, el ausentouse teoricamente para pechar o gas. Non obstante, cando o denunciante volveu á vivenda decatouse do roubo.

O mozo detido conta con sete antecedentes po roubo con violencia ou intimidación.

Sociedade