Detida a nai de Asunta

Detida a nai de Asunta

24 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A Policía detivo esta mañá á nai da nena de 12 anos que apareceu o domingo morta con signos de violencia nun lugar do Concello de Teo. A detención da nai, avogada de profisión, tivo lugar polas "incongruencias e ambigüedades" que deu na súa versión dos feitos. Ela foi a última persoa en ver con vida a Asunta.

A proxenitora declarou que no pasado mes de xullo atopou a un home na súa casa, tentando asfixiar á súa filla. Por ese feito, non presentara denuncia o que levantou as dúbidas dos axentes.

 

A detención produciuse esta mañá, tras a ceremonia de incineración. Logo foi trasladada á Comandancia da Garda Civil na Coruña. 

Sociedade