Detido esta madrugada o presunto asasino da moza de Narón

Detido esta madrugada o presunto asasino da moza de Narón

26 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Degolouna diante da casa, na rúa de San Roque, e fuxíu polo monte, pero xa está detido. A Policía Nacional apresouno esta madrugada. Falamos do asasinato ocurrido onte ás 15.30 horas en Narón. A víctima é unha xove de 28 anos natural de Xuvia, Iria García Bouza, que tiña denunciado por malos tratos ao seu asasino e sobre el pesaba unha orde de alonxamento. O concello de Narón, onde residía a moza, decretou loito oficia

Nos concellos da comarca de Ferrolterra  sucedéronse este mediodía os actos de repulsa. A casa do concello de Fene foi un deles. Un numeroso grupo de persoas mantivo cinco minutos de silencio. O alcalde, Gumersindo Galego, declarou sentirse dobremente afectado pola cercanía da víxtima e ao coñecer ao "presunto" agresor, un coñecido criador de cabalos. Galego insistiu en que toda a sociedade debe facer un esforzo por acabar coa violencia machista porque ata agora fallan as leis, e todolos sistemas adoptados para acabar con ela.

Os veciños-as do concello de Narón están destrozados animicamente ao saber que unha veciña morréu asasinada nas circunstancias que xa coñecemos. O alcalde, Xosé Manuel Blanco, manifestou en nome de toda a corporación a repulsa polo asasinato de Iria. Máis dun cento de veciños e veciñas de Narón concentráronse este mediodia diante da Casa do Concello para amosar a súa repulsa polo asesinato dunha moza cometido na tarde de onte. Alí, o subdelegado do Goberno na Coruña Jorge Atán, explicou que a orde de alonxamento da ex parella chegou o pasado venres, cando se activou o protocolo habitual nestes casos.

Amigas da rapaza falecida portaron esta mañá un cartel cunha única palabra: Asesino. “O crime podería terse evitado” salientaban esta mañá na Praza do Concello de Narón. A Policia Nacional detivo esta noite ao ex-mozo da muller falecida. Pasará nos vindeiros dias a disposición xudicial. Oscar Ferreño tiña antecedentes por tráfico de drogas e otros delictos, como o roubo de cabalos, e xa pasara ao menos unha vez polo cárcere.

Sociedade