Detido o autor dos disparos contra unha muller das Pontes

Detido o autor dos disparos contra unha muller das Pontes

25 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Sobre o once da noite era detido en Ferrol A.V.D. como presunto autor do intento de homicidio dunha muller nas Pontes. Prevese que pase hoxe a disposición xudicial. Era parella da muller, da que estaba separado e en trámite de divorcio. Segundo a taxista que presenciou os feitos, despois de percorrer a localidade na procura da muller, atopouna as sete da tarde nas inmediacións do cemiteiro, baixouse do vehículo intentou falar con ela e sacou unha pistola realizando dous disparos

Segundo o Diario de Ferrol, o feito de que a arma utilizada fose de pequeno tamaño -fontes da investigación aluden a un calibre 22- evitou peores consecuencias. Unha das balas rozoulle a tempa producíndolle un corte de varios centímetros á altura dunha orella.
O agresor fuxiu de forma inmediata nada máis efectuar os disparos, para o que utilizou o mesmo taxi que o levou até a vila mineira. 
A Garda Civil, que se personó no lugar pouco despois de producirse o intento de homicidio, deu orde de busca e captura do agresor, polo que estableceu controis e iniciou a captación de testemuños, entre eles o da taxista que o trasladou, que foi identificada pouco despois de producirse os feitos.
Concentración
 
M.P. é traballadora do servizo de limpeza do Concello das Pontes. O alcalde, Valentín González Formoso, manifestouse consternado polos acontecementos tras repudiar a agresión e avanzar que mañá sábado terá lugar unha concentración ante a casa consistorial para testemuñar a repulsa social ante a violencia machista.
Sociedade