Detido o presunto autor dun acoitelamento en Ferrol

Detido o presunto autor dun acoitelamento en Ferrol

18 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Axentes da Policía Nacional detiveron a un home como presunto autor das lesións con arma branca que feriron de gravidade a un home. A agresión produciuse arredor das 23:30 do xoves 12 de maio nas confluencias da rúa Galiano coa rúa Rubalcava de Ferrol.

Unha chamada ao 091 da Comisaría do CNP de Ferrol-Narón alertaba dunha liorta no lugar dos feitos. Ata alí dirixíronse varios axentes que se atoparon cun individuo tendido no chan, consciente, e coa roupa manchada de sangue. Esta persoa presentaba varias feridas por arma branca de diversa consideración, polo que foi trasladado por unha ambulancia ata un centro hospitalario da cidade naval para a súa  asistencia médica.

O autor dos feitos fuxiu rápidamente do lugar. Deseguido puxéronse en marcha as investigacións policiais. Segundo as primeiras indagacións, a orixe do acoitelamento debeuse a unha disputa entre a vítima e o agresor, persoas habituais na Praza de Armas. O primeiro sustraeu as chaves do vehículo ao ferido. Ao día seguinte enfrascáronse nunha nova discusión que rematou coa agresión.

Os policías detiveron ao responsable do feito delictivo o venres pola tarde. Tras as dilixencias policiais, o indiciduo de 34 anos, detido noutras ocasións, foi posto a disposición xudicial e decretouse o seu ingreso en prisión. 

A vítima sigue hospitalizada en estado grave. Segundo o parte facultativo  presenta “feridas incisas por arma branca, en brazo, tórax, e abdomen, polo que foi intervido quirúrxicamente”. 

Sociedade