Detido un veciño de Chapela logo de atracar un ciber armado cun cuter

Detido un veciño de Chapela logo de atracar un ciber armado cun cuter

23 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O mozo, que estivera no local pouco antes como cliente, regresou despois cubríndose a cara coa camiseta e armado cun cuter de cor vermella co que intimidou ao propietario para conseguir a recadación da caixa rexistradora.

 

 Nese momento un cliente do local abalanzouse sobre o atracador forcexeando con el. Con todo, o mozo conseguiu escapar e fuxir en dirección á rúa Sanjurjo Badía. Minutos despois nunca confitería da Avenida de Bos Aires, unha persoa das mesmas características e empregando a mesma arma tentaba atracar o local, desistindo de xeito inmediato.

 

A policía nacional conseguiu finalmente localizar ao individuo quen foi detido minutos despois na rúa Sanjurjo Badía.

 

Ao suposto atracador cónstanlles sete detencións anteriores e foi posto a disposición do xulgado de garda. Tras prestar declaración a xuíz ordenou o seu ingreso provisional e sen fianza no cárcere de A lama.

 

Sociedade