Detidos dous homes en Ferrol, acusados de extorsión

Detidos dous homes en Ferrol, acusados de extorsión

07 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Ferrol-Narón  detiveron a dous homes como presuntos responsables dun delito de extorsión. Froito da investigación posta en marcha, foron detidas duas persoas, dous homes de Ferrol, un deles é un ex- funcionario expulsado do Corpo Nacionald e Polícía hai uns anos e con antecedentes penais.

Unha muller de avanzada idade, manifestaba que entre os días 22 e 27 de xaneiro recibira varias chamadas dun home desconocido, nas que lle esixía a entrega dunha cantidade de diñeiro a cambio de non causarlle dano á súa integridade física nin á vivenda onde reside, chegando a indicarlle que o depositase nun sobre e deixásello ao camareiro dunha céntrica Cafetaría de Ferrol.

Inmediatamente iniciouse unha investigación por parte da Brigada de Policía Xudicial que levou a cabo un rastrexo das chamadas telefónicas recibidas pola vítima, á vez que se establecía un dispositivo operativo para tratar de detectar e deter ao presunto extorsionador e asegurar a integridade da denunciante.

O mércores 5 de febreiro, no transcurso do referido dispositivo policial conséguese deter a un home, de 62 anos e natural de Ferrol, no momento de recoller o citado sobre na Cafetaría obxecto de control policial, sendo trasladado posteriormente a dependencias policiais.

Froito dos datos obtidos sucesivamente no transcurso da investigación en marcha, logrouse a identificación doutro implicado nos feitos denunciados e principal responsable dos mesmos, que sería a persoa que realizou as chamadas telefónicas e resultou ser un home, de 58 anos e veciño de Esmelle, Ferrol, ex-funcionario do Corpo Nacional de Policía, quen hai algúns anos foi expulsado do corpo, procedéndose á súa detención e traslado a dependencias policiais desta Comisaría.

Tras a tramitación das oportunas dilixencias, o detido, con antecedentes, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Garda.

Sociedade