Detidos presuntos autores do asasinato de Jimmy

Detidos presuntos autores do asasinato de Jimmy

16 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unha trintena de persoas foron detidas esta mañá como presuntas participantes e responsables da morte a paus do afeccionado do Deportivo da Coruña Francisco Javier Romero Taboada, falecido o pasado 30 de novembro. Entre os arrestados atópanse dous dos supostos autores materiais da malleira que causou a morte do seareiro galego nas augas do río Manzanares, segundo precisaron fontes policiais. Un deles é un taxista de Parla, casado e con dous fillos. Todos os arre

A operación Neptuno, desenvolvida pola Brigada de Información de Madrid co apoio da primeira Unidade de Intervención Policial da Policía Nacional, comezou o mesmo día en que foi asasinado o seareiro galego de 43 anos, que chegou á capital nun dos dous autobuses que viaxaron desde o Pzo de Congresos e Exposicións da Coruña con destino ao aparcamento do Vicente Calderón con motivo do partido que enfrontaba ao Atlético de Madrid co Deportivo da Coruña ao medio día dese domingo. Nas inmediacións do estadio branquivermello esperábanlles centos de ultras do Frente Atlético, armados con paus e barras metálicas.

A liorta, que pillou á primeira hora da mañá ás forzas de seguridade fóra de xogo completamente, foi multitudinaria. Aínda que as primeiras versións apuntaban a unha "quedada previa", informacións posteriores parecen indicar que a expedición deportivista chegou a Madrid, ignorante das intencións dos radicais atléticos.

Esta mañá, algo máis de dúas semanas despois dos feitos, as pescudas policiais comezaron a dar os seus froitos. Unha macrooperación policial na que interviron un gran número de axentes e que non é máis que "a primeira fase do operativo policial que persegue apresar aos individuos que participaron na descomunal liorta e singularmente dos autores da morte do seareiro galego", desenvolveuse esta mañá en Madrid. Os investigadores seguiron a pista dos supostos agresores valéndose das gravacións de cámaras e dos seus propios teléfonos móbiles.

O violento asasinato de Taboada, a quen despois de mallarlle os seus agresores lanzaron ao río Manzanares onde permaneceu durante preto de 20 minutos ata que foi recuperado por bombeiros e mergulladores dos servizos de emerxencia, supuxo un antes e un despois na regulación dos encontros deportivos, fundamentalmente os de fútbol. E deixou ao descuberto que moitos destes grupos de violentos (entre un 20% e un 30% dos seus membros, segundo datos policiais, teñen antecedentes) viven "ou vivían"camuflados e ao amparo dos clubs, como unha especie de afección "vip" a cambio de animar os estadios cos seus cánticos, pancartas e consignas por radicais que fosen.

Ninguén -nin o Consello Superior de Deportes, nin a policía, nin a Delegación de Goberno de Madrid-- soubo prever hai dúas semanas os acontecementos que se poderían desatar ante o desfile polas rúas da capital duns 200 integrantes do Frente Atlético armados con barras de ferro e bates de beisbol. O partido foi cualificado de baixo risco pola Comisión Antiviolencia do Deporte.

As últimas semanas foron un paseo de personalidades do mundo do deporte e do fútbol, e dos máximos responsables de seguridade, como o secretario de Estado, Francisco Martínez, e o propio Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, querendo explicar o inexplicable: a morte dun home brutalmente mallado por un feixe de bestas. Ás sucesivas reunións, comunicados e versións do coñecido e o que queda por coñecer, seguiulle unha batería de medidas de control dos eventos futbolísticos que, de entrada, mandou fóra dos seus estadios aos ultras e prohibe e penaliza a violencia verbal e as siglas radicais. Onte mesmo estaba prevista a reunión para aprobar as medidas antiultras, pero aprazouse ao luns próximo ante unha nova ausencia do presidente da Federación Española de Fútbol Angel María Villar por atoparse en Marrocos no Mundial de Clubs.

Sociedade