Dez días de lecer para os máis pequenos

Dez días de lecer para os máis pequenos

16 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os campamentos Urbanos CUFO de Ferrol, desenvolveranse de novo neste mes de agosto. Esta vez será no Cantón de Molíns onde os máis pequenos desfrutarán dunha chea de actividades para ocupar as súas tardes de lecer. Teatro, música, danza, capoeira e  unha festa da escuma serán algunhas das propostas que se desenvolverán neste campamento que comezará o día 21 e rematará o 31 de agosto, en horario de 5 da tarde a 9 da noit

Estes campamentos enmarcánse no programa de festas de Ferrol. Dende a administración local agárdase que as actividades  teñan unha acollida tan boa como os do mes pasado, ao que asistiron unha media de 200 nenos por día. A esta iniciativa, súmanse as tradicionais atraccións infantís instaladas na Alameda do Cantón. Dende as cinco e media da tarde ata as nove e media da noite os cabaliños, carruseis e inchables compartirán protagonismo co campamento. As atraccións serán de balde entre as 5 e as 6 da tarde do mércores 26 de agosto.

Sociedade