Dez meses sen carné para o edil do PP detido por conducir bébedo

Dez meses sen carné para o edil do PP detido por conducir bébedo

15 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Sen carné de conducir durante dez meses e unha multa de 1.200 euros. É a condena para o concelleiro do PP de Santiago Ángel Espadas tras ser xulgado por un delito de condución baixo os efectos do alcol, nunha vista que se celebrou pola fórmula do xuízo rápido no Xulgado de Instrución número 2 de Santiago de Compostela. O Xulgado do Penal recibirá de contado a sentenza, polo que a retirada do permiso de conducir executarase en vindeiras da

Espadas fora interceptado esta fin de semana por axentes da Policía Local de Santiago cando durmía ao volante do seu automóbil, detido fronte a un semáforo. Ao espertalo fixéronlle a proba de alcolemia, na que deu un resultado positivo que triplicaba os niveis permitidos de alcol en sangue. O edil comunicou onte a través do seu partido que renunciará á acta de concelleiro e á candidatura do PP para as eleccións municipais, na que ocupaba o terceiro posto. 
Precisamente, o líder dos populares composteláns, Gerardo Conde Roa, anuncio que presentará dúas denuncias e solicitará a creación dunha comisión de investigación no Concello para depurar as responsabilidades arredor da filtración do expediente da detención do seu compañeiro de grupo. Logo da renuncia e do xuízo, as responsabilidades xurídicas e políticas de Espadas ficaron “depuradas”, afirmou Conde Roa. Non se pode dicir o mesmo, manifestou, da actuación “torticera” do Goberno local ao informar do atestado relacionado cun membro da oposición. 
Institucional