Dia de Todos os Santos, xornada de transición

Dia de Todos os Santos, xornada de transición

01 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha xornada de transición meteorolóxica presidirá o Dia de Todos os Santos en Galicia, amainando o temporal do sábado e do domingo. As chuvias febles pola mañá irán remitindo pola tarde, e permitirán unha visita maís tranquila para aqueles que aproveiten a xornada festiva para visitar aos seus Defuntos nos cemiterios

Segundo o pronóstico de Meteogalicia, os ceos permanecerán anubrados con chuvias febles durante a mañá que irá remitindo pola tarde. Temperaturas sen cambios significativos. Vento frouxo do noroeste pola mañá e frouxo do norte o resto da xornada.

Sociedade