Dia dos Museos con Humor

Un show a cobro revertido
15 de Maio, 2019 - 10:48 h. | Publicada por Radio Fene

A risa garantida no Museo do Humor de Fene co monólogo de Ángela e Diana.

O vindeiro sabado 18 de maio celebrase o Día dos Museos. O do Humor de Fene abre as portas ese dia para ofrecernos unhas risas. Ás 20h actúan no salon de actos “Las niñas de la risa. Un show a cobro revertido” con entrada libre. Espectáculo de monólogos cómicos de Ángela Triana e Diana Sieira. Organiza o concello de Fene e a rede Cultural da Deputación da Coruña.

As artistas

Ángela Triana caracterízase polos seus monólogos de humor irónico baseados na vida cotiá. É recoñecida como unha das mellores monologuistas polas voces máis veteranas da profesión en Galicia. Realizou programas musicais e magazines en Cuac FM durante 10 anos e publicou tres libros (Celebra la Tormenta, Al Sur de lo Real e Cómo convertirse en capitán). Foi gañadora do 2o premio no I Certamen de comedia de Bitácora Santa Cristina en 2016.

Diana Sieira é unha todoterreno formada en teatro, canto, danza, cabaret, producción... O seu humor rezuma unha frescura inverosímil para dicir aquelas cousas que moitos pensan pero poucos se atreven. Leva enriba das tablas dende 2005, e facendo monólogos cómicos dende 2013. Actualmente o público pode vela tamén en TVG presentando e dirixindo a sección de circo de Luar. Foi gañadora do 2o premio no I Certamen de Monólogos de Betanzos en 2015 e finalista no Concurso de Monólogos La Tuerka 2013. Xuntas comparten aventuras desde que se coñeceran no Nadal de 2016. A súa química dentro e fóra da escena levounas a formar este dúo de comedia baseado en dous tipos de humor totalmente diferentes e 100% complementarios. Sen aditivos, colorantes nin conservantes. E así, teñen xirado por Coruña, Vigo, Santiago ou Rianxo.

Cultura

Publica o teu comentario agora