Dia grande para o noso idioma

As entidades de Fene programan teatro, música ou andainas
16 de Maio, 2019 - 09:45 h. | Publicada por Radio Fene

As sociedades culturais de Fene apuran os actos das Letras Galegas nesta víspera do dia grande do noso idioma.

ESCOITA O PODCAST:

O Pote de Maniños.

O Pote abre hoxe a exposición de manualidades das súas escolas. Mañá a música coral preside o Dia das Letras Galegas coas actuacións das corais Agarimo e a do Pote. No medio faranse lecturas sobre Antonio Fraguas. Pechan os actos o sabado 18 co teatro do grupo da Tenencia e as súas "Escenas escollidas" onde recollen pezas de Ricardo Carvalho Calero, Lino Braxe, Yolanda Pallín e Jean Pièrre Martínez. A representación empeza ás 20:30h.O Pote pechará o mes de maio o sabado 25 coa cea e o baile das Flores.

AVV Limodre

Magín Blanco visita Limodre o sábado 18 de maio as seis da tarde. Presentará no local social Juan Varela o seu espectáculo "Camiños" para públicos de todas as edades.

Liga de Amigos de Barallobre

O grupo de teatro “Teruca Bouza” do Seixo representa en Barallobre a obra “Rosalía, poeta na beira do mar”. O mesmo 17 de maio proxectan no mesmo local a película “Crebinsky” e a escola de canto da sociedade lerá textos sobre a vida e a obra de Antón Fraguas. Haberá de xeito simultaneo unha exposición de traballos feitos nos obradoiros da Liga de Amigos de Barallobre.

CMI Unidade de Fene

O grupo Bucanero presenta no CMI Unidade de Fene a obra “Sesión contínua” un espectáculo dos irmáns Dacosta dirixido por Lino Braxe. O teatro chega hoxe ao CMI  ás 21 horas.

AVV Magalofes

Organizou un obradoiro de panadería para nenos ás 11 da mañá do venres 17 de maio e á unha do mediodía colocarase a placa en homenaxe a Antón Pita. O presidente da asociación veciñal de Magalofes, Manuel Pico, ensalzou o esforzo deste veciño xa falecido, na construción do actual local social. O sabado 18 abren a exposición de labores da escola de palilleiras, ás 11 da mañá. Ás nove da noite Monólogo de Pedro Brandariz. O domingo 19 a AVV de Magalofes celebra o xantar do socio ás duas da tarde. Hoxe é o último dia para anotarse.

Agarimo de Sillobre

O mesmo dia das Letras Galegas, Agarimo organiza unha ruta de sendeirismo pola parroquia. “Coñece Sillobre” terá un percorrido de 13 Km e unha dificultade media. A saída está prevista ás 10 da mañá. Tamén en Sillobre o elenco teatral dirixido por Andrés Picallo representará a obra "Aquí mando eu" unha comedia que ten a un alcalde como protagonista. Comezará ás nove da noite do sábado 25 de maio.

CPS de San Valentín

Con música coral despide o CPS os actos das Letras Galegas. O sabado 18 de maio ás ooito da tarde actúan no Colexio A Xunqueira as corais Mugardesa, Agarimo e a anfitriona de San Valentín.

Cultura

Publica o teu comentario agora