Diego Piñeiro en lista de espera para a clinica San Rafael…

Diego Piñeiro en lista de espera para a clinica San Rafael…

01 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O xogador do Narón Balompé Diego López Piñeiro operarase próximamente do xeonllo. O rapaz espera que o chamen da clínica San Rafael na Coruña para que poida dirixir a operación cirúrxica o doutor Canedo, un dos mellores especialistas en xeonllos. Hai moita demanda en San Rafael e a lista de espera non é pequena adiantáronnos fontes da familia do deportista. Diego ten tocado o ligamento cruzado anterior no xeonllo da perna dere

Lesionouse no partido entre o Narón e o Boiro correspondente á Copa Deputación de A Coruña. Comezou a hinchar o xeonllo neste partido e despois dun periodo de recuperación volveu a recaer nun adestramento preparatorio para o partido ligueiro entre o Narón e o Somozas nesta temporada. Nun salto, nun adestramento, Diego López Piñeiro notou un forte pinchazo no xeonllo e deuse conta que o tema da lesión non era tan leve….Diego López Piñeiro ten 27 anos de edade e xoga este ano no Narón Balompe Piñeiros despois de militar entre outros equipos no Racing de Ferrol.

Diego Piñeiro comezou a dar patadas a un balón no Racing San Pedro ata que fichou polos cadetes do Meirás que xogaban na Liga Galega. Logo militou nos xuvenís do Racing que lograron o ascenso á División de Honra. Falamos da temporada 2000/2001. Logo xogou no equipo de Primeira Autonómica do Meirás durante tres temporadas. No ano 2004 ficha polo Viveiro de Preferente Autonómica e co que logrou o ascenso á Terceira División. Na campaña 2004/2005 ficha Diego Piñeiro no Narón Balompé co cal estivo duas temporadas antes de fichar polo primeiro conxunto do Racing de Ferrol. Coa súa marcha de Ferrol a Fuenlabrada, Diego volve posteriormente a Narón, equipo onde milita.

Deportes