Dime VIH, non me digas SIDA

Dime VIH, non me digas SIDA

28 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Uveihache. Qué demo é iso? É a denominación máis precisa e sen connotacións negativas da enfermidade dos seropositivos. Falar do SIDA é máis claro, pero tamén se lle relaciona con términos e ideas como marxinalidade, drogadicción e delincuencia.

Arredor de 500 persoas con VIH reciben tratamento na área sanitaria de Ferrol (A Coruña), segundo o comité de solidaridade Lazos. Esta entidade organizou as III Xornadas de sensibilización cidadán que se clausuraron este venres no salón do vicerreitorado do campus de Esteiro.
 

Segundo se puxo de manifesto nas Xornadas, entre 2000 e 2500 persoas se infectan do virus de inmunodeficiencia humana (VIH) cada ano en España. Por iso é necesario sensibilizar á poboación e divulgar as características desta doenza. Non hai grupos de risco, senón prácticas de risco, segundo o presidente do comité Lazos Carlos Varela.

O martes 1 de decembro celébrase o Dia Mundial sobre o VIH SIDA. En Ferrol adiantáronse xa algúns dias á celebración. Lembráronnos que o SIDA non se contrae senón que representa o estadio final da infección por VIH. A utilización do preservativo nas relacións sexuais fóra da parella é unha das recomendacións máis útiles. Ante o VIH, a túa actitude marca a diferencia, rezaba o slogan das Xornadas.

Sociedade