Diminúen nun 9% os delictos cometidos en Fene no último ano

Diminúen nun 9% os delictos cometidos en Fene no último ano

18 de Novembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene é un concello pouco conflictivo e polo tanto seguro para os cidadáns. É unha das conclusións ás que chegou esta mañá a Xunta Local de Seguridade, que presidíu  o Subdelegado do Goberno en Galicia, Jorge Atán Castro. Precisamente, analizar cos corpos de seguridade o nivel delictivo da localidade foi o primeiro obxectivo da xuntanza. Segundo o propio Subdelegado do Goberno, Fene rexistra no 2013 cifras inferiores en infracci&oacute

Á reunión desta mañá acudia  o Subdelegado do Goberno en Galicia e o comandante da Garda Civil. Completan a Xunta de Seguridade, a Garda Civil local, a policía municipal; a responsable de Protección Civil; o edil respondable da área, Alejandro Dopico, e o alcalde, Gumersindo Galego.

Na xuntanza falouse ademais da nova normativa sobre espectáculos pirotécnicos pola que os concellos están obrigados a comunicar e solicitar á subdelegación do goberno o permiso para espectáculos pirotécnicos cando a materia explosiva supere os 10Kg. A Xunta local de Seguridade rematou en algo máis dunha hora, despois de resaltar a importancia da interconexión dos rexistros entre administracións para optimizar os recursos. Gumersindo Galego, facía unha lectura positiva da xuntanza e concretaba que os delictos máis comúns detectados en Fene no último ano teñen que ver cos roubos a persoas maiores ás saídas dos bancos ou dos supermercados. Normalmente son accións cometidas, afirmou Galego, por delincuentes extranxeiros.

Sociedade