Discos da Máquina prepara un disco colectivo das seis bandas do selo

Discos da Máquina prepara un disco colectivo das seis bandas do selo

13 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Podemos empregar o bombardino que dá vigor á música de Caxade, a última referencia de Discos da Máquina, para soprar a candea do primeiro aniversario desta moi particular disqueira. Hai cousa dun ano presentábase como unha asociación non profesional de grupos musicais independentes que para poderen seguir creando con independencia dediciron asociarse e autoxestionar os seus lanzamentos. Así que non son empresa e tampouco atenden por se

Un dos feitos máis salientables do proxecto durante estes doce meses foi que o número de bandas integrantes do selo multiplicouse por dous. Mosqueira lembra que agora son xa seis bandas as que traballan co vapor da máquina (Ataque Escampe, A Magnifique Bande Dos Homes Sen Medo, Das Kapital, The Lost Omelette-Makers, Grampoder e Caxade) e “hai un par máis que decidiremos en breve se entran ou non”.  Os requisitos para ingresar?: “Non é un gueto pechado, está aberto a calquera que teña afinidade coa nosa forma de ver as cousas”.

Verbo dos plans de futuro de Ataque Escampe, Miguel Mosqueira avanza que está previsto gravar en marzo o novo disco para que saia en abril, mais advirte: “Estamos sendo bastante esixentes no tema dos arranxos e os pequenos detalles e igual se demora”.

Festival

Os concertos do Festival de Aniversario de Discos da Máquina celébranse ás dez da noite no local da Gentalha do Pichel, en Compostela. Os billetes custan 5 euros para un só día e 10 euros o abono para as tres sesións.

Hoxe venres é a quenda de Das Kapital e The Lost Omelette-makers, aos que mañá sábado relevarán Grampoder e Ataque Escampe. O venres da vindeira semana póñenlle o ramo á festa Caxade e A Magnifique Bande Dos Homes Sen Medo.

Cultura