Diversión para os maiores do Val en Narón

Diversión para os maiores do Val en Narón

06 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Fogar de Maiores Terra de Trasancos do Val en Narón organiza unha excursión á XLII Feira do Cocido de Lalín que se celebrará o domingo 7 de febreiro. O prazo de inscrición na viaxe xa está aberto no propio Fogar, que ademáis programa outra serie de actividades para o presente mes de xaneiro.

O Fogar de Maiores organiza sesións de baile todos os venres entre as seis da tarde e as nove da noite. La Clave, Galicia, Capricornio e Boreal amenizarán as veladas deste mes. Ademais o dia 14 unha óptica optometrista impartirá unha charla na Escola da Saúde a partir das 5 da tarde. O Fogar tamén imparte clases de baile de salón e coreografias todos os mércores entre as 19,30 e as 20,30 horas.

Sociedade