As divisións páganse sempre

As divisións páganse sempre
13 de Xullo, 2020 - 10:24 h. | Publicada por Radio Fene

Núñez Feijoo colleu a Fraga, revalidando a maioría absoluta por cuarta vez. O seu liderado e o posicionamento diferente ao do PP no Estado, favoreceron este resultado, segundo a profesora de Ciencia Política, María Lois.

ESCOITA O PODCAST:

A vitoria do PP en Galicia supón a cuarta maioría absoluta por parte dun candidato e revela o liderado persoal de Núñez Feijóo. A profesora de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid, a galega María Lois, destaca o distinto posicionamento do PP en Galicia con respecto ao do resto do Estado.
Transcendendo a lectura local dos resultados, “a estratexia de Casado queda en entredito co fracaso de Iturgaiz no País Vasco e tamén coa vitoria de Feijóo en Galicia”.  En relación co PSOE,  “non acusa o desgaste do goberno pero tampouco sube. ”Nin Vox nin Ciudadanos logran entrar en Galicia porque Feijóo é quen de absorber forzas plurais da dereita, que están cómodas dentro do PP".

O BNG rompeu o seu teito en termos históricos. Agora logra 19 deputados cando en 1997 obtivera 18 escanos. Demostra ter un gran arraigo territorial con resultados que obedecen a un bo liderado, pero tamén á capilaridade da organización. Polo que se refire a Galicia en común paga as divisións, escisións e refregas internas. As Mareas xa perderon alcaldías importantes nas pasadas eleccións municipais e agora desaparecen do Parlamento Galego. “Este foi un aviso tamén a nivel estatal a Podemos porque as persoas prefiren opcións políticas que falen en positivo e logren xenerar ilusión” afirma María Lois.

 

 

 

(Na imaxe, María Lois no local veciñal de Perlío en 2019)

Sociedade

Publica o teu comentario agora