Do Ganges ao Cádavo

Do Ganges ao Cádavo
08 de Novembro, 2019 - 10:54 h. | Publicada por Radio Fene

As tapas son tan variadas como tantos bares que as cociñan. Sabores máis clásicos mestúranse con outros máis exóticos. Tapas tradicionais e creativas danse a man neste certame de Fene que cumple doce anos.

ESCOITA O PODCAST:

O XII Certame de tapas arrinca esta tarde en Fene. Desde as oito estarán preparadas para servilas, acompañando as consumicións dos clientes. “Do Ganges ao Cádavo” (na imaxe) é, por exemplo, o nome da tapa que cociñará Isa Seoane no bar A Ponte, na avenida do Concello de Fene. O nome indícanos que estamos diante dun petisco entre hindú e galego. O polo é a base da tapa da Ponte que xoga co sabor que lle aportan as especias orientais. O certame empeza hoxe dia 8 e remata o domingo 24. As tapas sírvense ao prezo de 1,50€, os venres de 20h a 22h. Sabado ao mediodía de 13h a 15h e de 20h a 22h e os domingos so ao mediodía.

Quen cubra a Fenerruta e probe as once tapas entrará no concurso para unha viaxe a Londres ou outra cidade europea a elexir.

Ruta 2019 das tapas de Fene

Poderánse degustar as tapas en Jesy Bar de Maniños (Caralludo), Candajo 103 na Solana en Barallobre (xamón ao caldeiro), Agarimo de Sillobre (polbo montado) e O Son de Cociña en Perlío (torta Strogonoff). Tamén participan O Encontro de Leo´s (salpicón), Pachamamá (Salpicón de rape con emulsión de cítricos), A Ponte (Do Ganges ao Cádavo), Lembranza (Fajita Don Quijote) e Novo Tarnas (Ovo en cazola) en Fene. Haberá igualmente alta cociña en miniatura no Friends (Mar e terra) e no Tívoli (tosta galega).

Institucional

Publica o teu comentario agora