Dobre atropelo

Ocurriu nun paso de peóns na Avenida Naturais de Fene
24 de Xullo, 2019 - 02:03 h. | Publicada por Radio Fene

Dúas persoas resultaron feridas nun atropelo ocurrido na Avda Naturais de Fene este mediodía, no paso de peóns de Gadis. Foron trasladadas en dúas ambulancias ao hospital ferrolán.

Duas persoas, un home e unha muller adultos, resultaron feridas ao ser atropeladas minutos despois das 12 da mañá no paso de peóns da Avda Naturais de Fene (na imaxe) á altura do cruce coa rúa dos Muíños. Dúas ambulancias transportaron aos feridos ao hospital ferrolán. Segundo testemuñas presenciais, o home ergueuse polo seu pe pero a muller foi transportada en padiola á ambulancia.

Os dous cruzaban xuntos o paso de peóns cando un veículo que circulaba en dirección a Ferrol non freou a tempo e levounos por diante. Instruiu dilixencias a policia local de Fene que contou co apoio de Protección Civil.

Sociedade

Publica o teu comentario agora