Documenta Hórrea en Sillobre

Documenta Hórrea en Sillobre
19 de Xaneiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A exposición “Documenta Hórrea” inaugurase ás sete desta tarde no local da Sociedade Agarimo de Sillobre en Fene. Desde o punto de vista arquitectónico, ,o hórreo foi a dependencia máis importante da casa labrega, a de maior interese espazal e construtivo e na que se manifesta o sentido plástico e a fantasía. Constitúe, unha das achegas máis significativas á hora de conformar a paisaxe galega e un elemento peculiar da nosa xeografía.

Fotografía Xan Xe

 A iniciativa achégase aos hórreos non desde unha perspectiva de morriña ou de nostalxia. Súmase aos que queren que se recoñezan os hórreos como patrimonio cultural inmaterial da humanidade. Lendas, ritos, traballos asociados e foliadas son parte da riqueza que rodea estas edificacións. A través das fotografias de Xan Xe, das criacións de Juan Sobrino, Andrea Pena, Verónica Garcia, Alejandro Coedo, Malena Carballo e dos alumnos e alumnas de Laudas Calamity. Coa carpinteria de Antonio García, e comisariada por Laura Bouza, a imaxe do hórreo volve ser o centro da arte, a verdadeira realidade. “Documenta Hórrea” é unha iniciativa de Son Radiofusión e do Laboratorio Laudas Calamity. Conta coa colaboración da Deputación de A Coruña, do Concello de Fene e da Sociedade Agarimo de Sillobre.

Cultura

Publica o teu comentario agora