Domingo de fútbol de mulleres

O futbol feminino da comarca de Ferrol achegase ao final da competición de copa
22 de Novembro, 2019 - 01:05 h. | Publicada por Radio Fene

Os dous equipos feneses pelexan por estar o máis arriba posible na competición da copa. As do Perlio xóganse estar en semifinais.

ESCOITA O PODCAST:

O futbol feminino da comarca achegase ao final da competición de copa porque so quedan dúas xornadas. Os equipos do Cultural Maniños e Perlío queren quedar no mellor posto posible.

O Cultural Maniños quere asegurarse o segundo posto da clasificación. Para iso non podía tocarlle ninguén mellor que as primeiras clasificadas, Galicia de Caranza, que se lle escapou tres puntos arriba na última xornada- 21 puntos teñen as ferrolás e 18 as fenesas- segundo o técnico Carlos Gómez. Galicia de Caranza- Cultural Maniños, o domingo 24 ás 13.h no municipal de Caranza.

Perlío de Juanjo Lorenzo xoga tamén o domingo no municipal dos Pinares ás 11,30h. Sorprendidas aínda pola boa racha que están vivindo, afrontan con toda a moral do mundo o próximo encontro co Rosalía, as súas rivais directas, ás que precisan superar o domingo se queren achegarse ao San Sadurniño e estar nas semifinais desta competición, en palabras de Juanjo Lorenzo. Perlío son sextas con 10 puntos. Rosalía quintas con 11 e San Sadurniño cuartas con 13 puntos. Todo pode ser, tendo en conta que San Sadurniño xoga con As Pontes, terceiras cun punto máis. Esta é unha xornada decisiva. Queda outra, a última o 1 de decembro.

Deportes

Publica o teu comentario agora