Dotar de suficientes recursos á sanidade

Dotar de suficientes recursos á sanidade
10 de Marzo, 2020 - 01:28 h. | Publicada por Radio Fene

Dotar de suficientes recursos á sanidade para facer fronte a unha pandemia. Apoiar á mocidade desprazada por Europa e realizar un seguimento dos Erasmus. Esas son as medidas que reclama a candidata do BNG á Presidencia da Xunta de Galicia Ana Pontón, diante da propagación do coronavirus.

ESCOITA O PODCAST:
Ana Pontón en Radio Fene

A dirixente nacionalista matiza que non quere xerar alarmismo pero ao mesmo tempo reclama maior transparencia e información das Consellerías de Sanidade e Economía. Debían comparecer no Parlamento para informar das medidas previstas de control e para evitar a sobrecarga do sistema sanitario. Para o BNG, a Xunta de Galicia debe de contar cun plan para paliar o efecto da doenza na economía. Ana Pontón realizou esas declaracións nunha entrevista en Radio Fene.

(Fotografía Xan Xe Corral)

 

Institucional

Publica o teu comentario agora