Dous concertos esta fin de semana na illa de San Simón

Dous concertos esta fin de semana na illa de San Simón

22 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A illa de San Simón acollerá esta fin de semana dous novos concertos enmarcados dentro do ciclo Espazos Sonoros. O primeiro dos concertos será o sábado ás 19:00 horas a cargo do grupo Ensemble Oni Wytars quen presentará o seu espectáculo Mediterraneum. Un programa que lle ofrece ao ouvinte unha pasaxe por músicas de diferentes épocas tomando sempre como referencia e argumento o mar Mediterráneo.

O concerto da formación xermana Ensemble Oni Wytars encádrase no eido e músicas cultas, segundo o xerente da Fundación Illa de San Simón, Xavier Alonso. O domingo a quenda será para La Cecchina, grupo que se subirá ao escenario xunto coa soprano Ana Arnaz e que ofrecerá un repertorio que intenta recrear a través da música a Florencia do renacemento. 

Os interesados poden retirar os seus billetes para o transporte á illa no servizo de compra on-line Servinova. O custe do traslado é de dez euros. As saídas dos barcos realizaranse dende o porto de Cesantes, a primeira das saídas terá lugar ás 17:45 e a segunda ás 18:30 horas.

Sociedade