Dous detidos trala marcha de Galicia Bilingüe presentan denuncias por maltrato

Dous detidos trala marcha de Galicia Bilingüe presentan denuncias por maltrato

10 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os dez integrantes de formacións independentistas que foran detidos por tentar rebentar a manifestación dominical da asociación Galicia Bilingüe, na que se reclamaba o dereito a que os pais demandasen a escolarización en castelán dos seus fillos, foron postos en liberdade con cargos no serán de onte. Dous deles, membros de

"Viñeron a dicirnos na capital do noso país que impoñemos a nosa lingua no no noso propio país. Eles só pretenden a presenza hexemónica do español", argumenta Mauricio Castro verbo das mobilizacións do domingo en Compostela. O representante de Nós-UP láise da falta de apoio dos membros do bipartito galego, PSOE e BNG, aos mozos que quixeron defender o idioma galego fronte a unha "manifestación da extrema dereita co apoio explícito do PP". Castro acusa aos socialistas de insultar aos que se expresaron a prol do fala propia e culpa ao Bloque de permitir que se convocase unha manifestación contra o galego en Galicia.

Verbo da convocatoria de Galicia Bilingüe, o encargado de comunicación dos independentistas achega un dato significativo: "Unha porcentaxe importante dos que ían na marcha non eran galegos: chegaron unha ducia de autocarros dende Madrid e tamén do País Basco. Ademais, había xente de partidos sen representación en Galicia como Ciudadanos de Cataluña ou Falange Auténtica".

Sociedade