Dous feridos graves tras caer o seu vehículo por un precipicio

Dous feridos graves tras caer o seu vehículo por un precipicio

04 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Dous mozos resultarn feridos graves esta madrugada tras caer o seu vehículo desde unha altura de cinco metros, na N-550 ao seu paso por Redondela. A consecuencia desta caída, que tivo lugar sobre as 4.10 horas, o vehículo quedou envorcado coas rodas cara arriba, segundo informou a Europa Press o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir).

Ademais, indicou que un dos ocupantes do vehículo debeu ser excarcerado, mentres que o outro saíu "polo seu propio pé". En calquera caso, ambos foron trasladados por ambulancias de Urxencias Médicas-061 Galicia ao hospital Xeral de Vigo.

Sociedade