Dous mortos en Galicia polo temporal

Dous mortos en Galicia polo temporal

24 de Xaneiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un sarxento da Garda civil de tráfico morreu esta madrugada en Burela. Cando regulaba a circulación caeulle unha árbore enriba arredor das catro e media da madrugada. En Vilalba faleceu un señor que vivia só. Un curtocircuito provocoulle un incendio na casa. Derrumbouse o tellado e as duas da mañá os efectivos de protección civil atoparon ao anciano sen vida.

Moitas zonas de Ferrolterra ainda permanecen a esta hora sen suministro eléctrico polos efectos do temporal. Fontes de Unión Fenosa agardan que nas próximas horas se poida restablecer o servizo despois dunha noite de moito traballo. Arbores caidas, contenedores volcados, postes eléctricos na calzada foi o panorama que deixaron os fortes ventos que azoutaron na ría entre as oito da tarde pasada e as catro da madrugada. En Fene as arbores caeron na Nacional Sexta á altura da Rubber e os efectivos de Protección Civil e do Concello desviaron o tráfico mentras se retiraban da calzada os troncos. O temporal afectou sobre todo pola falla de enerxia eléctrica. O corte prolongouse toda a noite na práctica totalidade da comarca.

Sociedade