Dous partidos diferentes

Dous partidos diferentes
08 de Xaneiro, 2024 - 11:58 h. | Publicada por Radio Fene

San Sadurniño 4 - 0 Maniños B. "Fomos colgados de xente, con moitas baixas por gripe, covid, lesionados e vacacións. Só eran 8 xogadores do equipo e 4 xuvenís, e ainda así o porteiro parou moi ben e defendimos con orde ata o minuto 30. Expulsáronnos nese momento a un xogador e xa non puidemos soster o resultado diante do terceiro clasificado" afirma o adestrador do Maniños B Álvaro Dopico "Chiqui". O conxunto filial do Pote mellorou moito en defensa, agora só lle falta maior efectividade diante da portería contraria.  

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

No minuto 31 o árbitro expulsou a un xogador do Maniños B e o equipo do Pote perdeu entón o fío do encontro. A próxima xornada o Maniños B visita ao Rosalía de Vilaboa, un equipo da zona media - alta da táboa, unha boa ocasión para continuar progresando na Segunda Galicia de fútbol. 

Fotografia Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora