Douscentos anos do nacemento de Concepción Arenal

Douscentos anos do nacemento de Concepción Arenal
18 de Outubro, 2019 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

En xaneiro de 2020 cumpriranse douscentos anos do seu nacemento. O Concello de Ferrol e o Ateneo ferrolán preparan actos conmemorativos e de lembranza da figura da pensadora, de Concepción Arenal. Dedicou a súa vida á defensa da muller, á reforma penal e á causa obreira. A Sociedade Naturais de Fene decidiu en 1916 darlle o nome de Concepción Arenal á súa escola do lugar de Chamoso.

Capela da familia da nai de Concepción Arenal en Bañobre (Miño)

"Dunha intelixencia fóra do común, Concepción Arenal foi a pensadora española máis importante, orixinal e adiantada ao seu tempo do século XIX, e a de maior proxección internacional” afirmase na biografía de Concepción Arenal elaborada por Anna Caballé.
A foto emblemática, case a única, da escritora (Ferrol, 1820-Vigo, 1893) mostra a unha muller de xesto adusto coas comisuras da boca vencidas, nun xesto decidido de negar o sorriso. Sufría porque o seu clamor polo reformismo en España caía no deserto; sufría polo diferente trato que recibían as mulleres, polas dificultades materiais para atender aos menesterosos, polas condicións dos encarcerados...
Concepción Arenal sufría mellor que ninguén. Pola contra non sería ela, a pensadora máis orixinal e certeira do século XIX español. Diversa e fecunda e cunha obra de proxección internacional que no seu país é practicamente descoñecida. Preferiron facer estatuas e dar o seu nome por centos de colexios e institucións culturais. Que lean os europeos! 

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora