Dry Martina debuta en Galiza con “Musarañas”

Dry Martina debuta en Galiza con “Musarañas”

19 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Dry Martina nacen en 2003, cando Laura Insausti decídese reinventar como Dry Martina, aprender do jazz vocal e xirar cunha banda de versións de swing mentres compón xunto a Rafa Insausti o que será o seu álbum de debut. Conseguen facer da música un medio de vida e atesouran centos de concertos ás súas costas. “Canciones para tararear en la ducha” (2007) foi a súa primeira demo, coa que captaron a atenci&oacute

Dry Martina fai cancións pop en castelán que miran con descaro cara o soul da Motown, méxense cos sons funk setenteiros, respiran fume dos clubs de jazz e axítanse co rock’n’roll dos 50’s. Pero sobre todo, Laura Insausti e a súa banda teñen moito swing. Concentra no seu propio estilo todo ese abano de sons que durante estes anos e moitos concertos, foise gardando nos petos, abandeirando o que algúns se atreveron a etiquetar como retropop.

Dona dunha frescura innata e un talento insual sobre o escenario, debullan un repertorio propio, fascinante, cheo de ritmo. Coas súas letras desdramatizadas todo aquilo que nos lembra o jazz primixenio dotando a cada canción dunha luminosidade que ela mesma irradia. Dry Martina acapara o centro do escenario coa súas voz insinuante e a súa irresistible cadencia de baile, que flanqueada por unha escolta musical de luxo da forma a un espectáculo único cheo de enerxía e de bo gusto. 

A banda é o que moitos augura como a sorpresa da tempada. O seu álbum de debut, que conta con colaboracións de luxo como Georgina ou David “El Indio” de Vetusta Morla á percusión, foi gravado nos Estudios Reno (Madrid), producido por 7pulgadas, gravado por Koke Díez, arranxado por Martín e Josué García e mesturado por Pablo Valmaseda en Estudios Infinity (Madrid), e conta co respaldo de BMG e cun primeiro videoclip firmado por Daniel Etura de Elephant Studio.

DATA: Xoves, 19 de Maio de 2011             
LUGAR: Café Cultural Auriense, Ourense
HORA:  21:30 horas
PREZO:  6 €           

DATA: Venres, 20 de Maio de 2011
LUGAR: A Ventana, A Laxe, A Coruña
HORA: 23:00 horas        
PREZO: Gratuíto 

DATA: Sábado, 21 de Maio de 2011          
LUGAR: Clavicémbalo, Lugo
HORA: 23:30 horas
PREZO: 6 €           

DATA: Domingo, 22 de Maio de 2011       
LUGAR: A Regueifa, Ponteareas
HORA: 19:30 horas               
REZO:   6 €         

Sociedade