Duas mozas das Pontes á selección galega de fútbol

Duas mozas das Pontes á selección galega de fútbol

14 de Decembro, 2008 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Patricia Blanco e Yaiza Paleo son as duas xogadoras do equipo de fútbol femenino de As Pontes, convocadas para participar na selección sub 15 que se desprazará a Valencia. As duas acudirán mañá luns a un adestramento de preparación en Santiago de Compostela.

Segundo comunica a Federación, o adestramento terá lugar mañá luns ás 19,30 horas no campo municipal das Cancelas de Santiago de Compostela. A instalación é de herba sintética polo que soporta en mellores condicións que o cesped natural as inclemencias meteorolóxicas destes dias.

Deportes