Dubidan da obra dos quimiqueiros para Ferrol

Dubidan da obra dos quimiqueiros para Ferrol

30 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"O cargo do presidente de PEMEX depende do resultado das eleccións deste domingo 1 de xullo" afirmaron dirixentes da Unión Xeral de Traballadores, poñendo en dúbida o anuncio da posible construción en Ferrol de 2 buques quimiqueiros, realizado polo presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo. Os sindicalistas dubidaron da credibilidade dun convenio "que non se ensinou a ninguén".

A UXT critica a alusión ao posible encargo a través da Armada de México para eleudir ante a Unión Europea os vetos que limitan a construción civil nas súas instalacións. "Se queren facer trampas, non é normal que se anuncien" indicaron reclamando asimesmo "que deixen de darlle voltas ao dique flotante".

 

Sociedade