The Duplets tocan árbores de cordas

The Duplets tocan árbores de cordas

24 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A arpa está de moda. Dende que Joanna Newson se convertise hai un par de anos na musa do panorama alternativo co seu disco “Y’s”, no que musitaba fábulas en compaña do seu instrumento de corda, o complexo instrumento que máis parece a ferramenta dunha tecedora que un obxecto musical está no radar dos oíntes curiosos. The Duplets son o último expoñente arpista na música popular.

Arpas hai de varias clases. Menos monumentais que as arpas de orquestra, as pequenas arpas escocesas son os instrumentos cos que Fraya Thomsen e Gillian Fleetwod se converten en The Duplets. Aires das vizosas fragas escocesas resoan no seu disco “Tree of strings” que vén de saír ao mercado. Son unha ducia de temas de folque chegado das Highlands que evocan, cos acordes das dúas arpas, a historia celta das illas do norte.

Cultura