Dynn Leaupepe seguirá no Baxi Ferrol 

Dynn Leaupepe seguirá no Baxi Ferrol 
06 de Xullo, 2020 - 12:27 h. | Publicada por Radio Fene

A xogadora samoana Dynn Leaupepe continuará a próxima tempada no Baxi Ferrol, despois de aceptar a oferta de renovación que lle presentou o conxunto departamental.

A xogadora, de 24 anos e 1.79 metros, mantense ás ordes de Lino López e tratará de axudar ao equipo a conseguir o obxectivo de ascender á liga Endesa. Na pasada campaña, a xogadora disputou vinte encontros co equipo ferrolán, con algo máis de quince minutos de medía e 6,7 puntos. A xogadora destaca sobre a súa continuidade no equipo departamental que "decidín volver ao equipo porque creo que como equipo tiñamos moito potencial para ascender á liga superior, que era o obxectivo e a aspiración de todos e todas as grandes persoas que coñecín, non só na cancha senón tamén fóra dela".

En canto ao que pode achegar ao conxunto ferrolán, a samoana sinala que "creo que podo achegar moita enerxía positiva para o equipo dentro e fóra da pista e poder facer todo o que sexa necesario para que sexa un ano exitoso para o equipo". Dynn Leaupepe convértese na oitava integrante do persoal ferrolán para a próxima tempada, tras as renovacións de Patri Cabrera, Natalia Rodríguez, Sune Swart, Patricia Benet e Anniina Aijanen e as fichaxes da valenciana Irene Garí, da arxentina Andrea Boquete e da canaria Laura Fernández.

Deportes

Publica o teu comentario agora