E Javi Gómez Noya visitou a piscina municipal de Fene

E Javi Gómez Noya visitou a piscina municipal de Fene

22 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O triatleta ferrolá realizou esta fin de semana unha visita inesperada a Fene. Gómez Noya utilizou a piscina de Centieiras para o seu adestramento persoal. O campión galego achegouse esta fin de semana a Ferrolterra para asistir o venres á Gala do Deporte Ferrolán onde recibiu o máximo galardón, a carabela de prata.

Xa o sábado, Gómez Noya acompañado da concelleira de deportes de Fene Carmen Silvar visitou a instalación deportiva fenesa e xenerou unha gran expectación entre os veciños que se atopaban no “vaso” municipal fenés. Gómez Noya marcha agora para Oceanía coa intención de preparar o comezo de temporada no triatlón mundial.

Deportes