E se hai sospeita de ébola nun enfermo non demorable?

E se hai sospeita de ébola nun enfermo non demorable?

13 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Que temos que facer se hai sospeita de ébola nun enfermo non demorable? E se acontece cunha parturienta ou cun accidentado de tráfico que require dunha intervención urxente? Esas preguntas formula a presidenta da xunta de persoal da area sanitaria de Ferrol Nuria González Cancelo. O persoal sanitario concentrouse ás once e media desta mañá no vestíbulo do Arquitecto Marcide de Ferrol, para protestar contra a xestión da crise do &eac

Os sindicatos da sanidade convocaron concentracións en todolos hospitais para solidarizarse coa enfermeira contaxiada por ébola. Os profesionais da sanidade pretenden denunciar así as deficiencias nos centros sanitarios para atallar o virus; demandan información e formación dos profesionais e reclaman responsabilidades. No hospital Arquitecto Marcide de Ferrol máis de 100 profesionais concentráronse na entrada do centro hospitalario ás 11,30h para denunciar a situación de indefensión diante do ébola. A presidenta da Xunta de persoal, Nuria González Cancelo, manifestaba que non é suficiente cun vídeo, que hai que practicar.

Aínda que o Meixoeiro de Vigo é o centro de referencia en Galicia, hai situacións que non permiten o traslado dun enfermo de ébola. Nuria González pratexounos un suposto, o dunha parturienta a punto de dar a luz que chega por urxencias ao CHUF e que ten o ébola. Ou o dun accidentado de tráfico que entra por urxencias.

Ata o día de hoxe nada se fixo no hospital ferrolán. En teoría a formación empezará esta semana, segundo a responsable da Xunta de Persoal, quen afirmaba que "As cousas teñen que cambiar moito para que deixemos de mobilizarnos". Quedan á espera de ver como evolucionan as cousas.

Sociedade