A economía ao servizo das persoas

A economía ao servizo das persoas

10 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O economista, Arcadi Oliveres, fala na UDC sobre “A economía: ao servizo do comercio ou das persoas?”. A aula magna da Facultade de Socioloxía da UDC acolle o luns, 13 de abril, ás 19:00 horas a conferencia do profesor do departamento de Economía Aplicada da Universidade Autónoma de Barcelona. Experto en relacions norte-sur, comercio internacional, débeda externa e economía de defensa, imparte tamén numerosas clases a nivel de mestrado

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, abrirá o vindeiro luns, 13 de abril, ás 20:00 horas, a presentación de Cáritas do I Informe sobre exclusión e desenvolvemento social en Galicia.
A presentación terá lugar na aula magna da Facultade de Humanidades. Con este motivo, impartirase unha conferencia a cargo de Guillermo Fernández Maíllo, sociólogo do Equipo de Estudos de Cáritas Española e membro do Comité Técnico Fundación FOESSA (Fundación de Estudos de Socioloxía Aplicada). Tratará as principais conclusións do VII Informe FOESSA ilustrándoo con datos do Informe FOESSA Galicia.

A Universidade da Coruña vén de poñer en marcha o Portal de Transparencia (http://www.udc.gal/transparencia), un sitio web en que de forma rápida está toda a información relevante de interese para a sociedade.
O Portal de Transparencia nace, segundo explica o vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, Julio Abalde, responsable do proxecto, motivado “polo compromiso de render contas das nosas actuacións e de entender que o noso deber de cara á transparencia pasa por ser conscientes da responsabilidade que temos de dar unha información veraz e de libre acceso”.

Sociedade