Ed Wood do director de culto, Tim Burton, no ciclo Outono de cine

Ed Wood do director de culto, Tim Burton, no ciclo Outono de cine

20 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un xoven e visionario director de cine sen nengún tipo de formación académica, que acostuma a vestir de muller e con poucas oportunidades para facer unha película cun grande presuposto. Este é o argumento sobre o que xira a película de Tim Burton"Ed Wood"  que se proxectará mañá mércores dentro do ciclo “Outono de cine” nos cines Dúplex de Esteiro. Antes pasarase a curtametraxe "La consulta del Docto

Ás oito e media pásase Ed Wood pero como é habitual no ciclo primeiro verase unha curta galega, que mañá será “la consulta del doctor Natalio”. Florentina desespera pola mal que padece o seu fillo. Só o doutor Natalio Palomino, un barbeiro- ciruxán de reputación infame, pode axudala.Qué Deus o pille confesado!. A curta de terror do galego Javi Camino constitúe unha serie z en estado puro, aderezada cun pouco de gore.

Tras a curta tocaralle a quenda á longa americana de Tim Burton Ed Wood. Ed Wood é un xoven e visionario director de cine sen nengún tipo de formación académica, que acostuma a vestir de muller e con poucas oportunidades para facer unha película cun grande presuposto. Máis éste non baixa os brazos, e cunha curiosa troupe de persoanaxes realiza unha serie de películas. Filmes que levarán a sinatura de Ed Wood, como o  peor director de cine da historia.

Ed wood pásase máñá nos cines Dúplex de Esteiro ás oito e media do serán. Antes proxectarase a curta “La consulta del doctor Natalio”. A entrada é de balde para os dous pases.

Cultura