Edgar Vigo e Fátima Ameniero non perden comba

Parciparán no Supercampeonato de España de Rallyes co Peugeot 208 R2 do equipo estremeño Faraón
05 de Marzo, 2019 - 02:03 h. | Publicada por Radio Fene

Para a súa participación nesta proba, Édgar e Fátima, contarán co Peugeot 208 R2 do equipo estremeño Faraón, co que xa competían o ano anterior a bordo dun Mitsubishi. Esta será a primeira ocasión en que Édgar se poña aos mandos dun vehículo desta categoría, con cambio secuencial, polo que requirirá un pouco de adaptación.

Édgar Vigo e Fátima Ameneiro (Escudería Scratch Fene) comezarán a súa tempada esta fin de semana en Lorca dentro do novo Supercampeonato de España de Rallyes.  A proba murciana será a primeira do novo campionato mixto (asfalto-terra) creado pola RFEDA (S-CER) e tamén do CERT. Polos pelos, así é como se apuntaron os deportistas da Escuadra Scratch Fene ao Rallye Terras Altas de Lorca. Despois de decidir pór as súas miras no Tour European Rally (TER) e vendo que este se atrasa até finais de abril, momento no que se celebrará a primeira proba en Italia, os feneses decidiron non perder o carro e inscribirse no S-CER para poder manter dúas frontes abertas.

O S-CER, contará con 8 probas puntuables, sendo 4 delas en terra e 4 en asfalto, isto significará o retorno ao asfalto, despois de 3 tempadas seguidas na terra. As probas que conformarán o campionato estarán repartidas por toda a xeografía española destacando, como adoita ser habitual na modalidade de Rallyes, o desembarco no noroeste coas probas de Ourense, Arzúa, Oviedo e Astorga, as Illas Canarias coas Palmas, Andalucía con Granada e Madrid, á parte desta cita inicial.

Afirma Édgar Vigo que todo foi in-extremis. En vista de que o TER non comeza até finais de abril e que aínda non se reuniron para pechar a tempada cos seus patrocinadores, finalmente decidiron saír ao S-CER para non quedar descolgados. "A partir de agora teremos que pór toda a maquinaria a funcionar", afirma o piloto fenés.

Fátima Ameneiro amósase moi contenta de empezar neste campionato no que agardan facer un bo papel. Sentencia a copiloto que "despois de competir tanto en asfalto como en terra, esta é a nosa oportunidade para amosar o aprendido".

Deportes

Publica o teu comentario agora