A edición da Liga Moo Duk Kwan Galicia celebrada en Santiago tivo cor vilalbesa

A edición da Liga Moo Duk Kwan Galicia celebrada en Santiago tivo cor vilalbesa

13 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Club de Tae kwon Do “Moo Duk Kwan” de Vilalba foi o grande vencedor da xornada desenrolada en Santiago da Liga Moo Duk Kwan Galicia, organizada pola Escuela Taepar. A clasificación de 5-6 anos, a de 7-8 e a de 11-12 foron lideradas por loitadores vilalbeses, mentres que se acadaron dous segundos postos en 13-14 anos e máis de 18.

Álex Anido, na primeira categoría (5-6 anos), fíxose co trunfo con tres puntos de vantaxe sobre Julio José Dasilva e Carlos Bolaño, que ocuparon o segundo ex aequo, e de catro sobre Hugo Gómez, que rematou terceiro. Todos os pequenos formaban parte do club vilalbés, o que deu unha imaxe da súa superioridade.

Na escala de 7 a 8 anos foi Gabriel Tembras o gañador con oito puntos, dous máis que Beatriz Felpeto, e tres que Samuel Montero e Jesús Ferreiro, todos do Moo Duk Kwan.

Na categoría de 11-12 anos foi David Asende o que ocupou o lugar máis alto do podio, mentres que Michael J. López, na de 13-15 anos; e Rubén Prado na de máis de 18 tiveron que conformarse coa prata.

Un dos obxectivos desta liga é o de ofrecer aos loitadores un evento deportivo onde poidan relacionarse con outros deportistas de outras escolas, ademais de elevar o seu nivel técnico de combate.

Deportes