Educación nos hábitos saudables

Educación nos hábitos saudables

04 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A asociación medioambiental Lapis Verdes puxo a disposición da Comunidade Educativa CPI A Xunqueira a súa exposición itinerante de Nutrición e hábitos saudables con ilustracións do debuxante Leandro Lamas. O centro ubícase no barrio de San Valentín -Concello de Fene- A Coruña.

Estará aberta e poderá ser visitada ata o 18 de febreiro nas instalación do centro (planta baixa).
Esta é unha actividade encadrada no Plan Proxecta (distribución de froitas aos centros escolares), no que o centro participa.

Sociedade