Efecto bolboreta

Efecto bolboreta
06 de Xaneiro, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

“De todas as follas caídas, só unha intenta chegar ao seu lugar: a bolboreta”dicía o poeta xaponés Matsuo Basho. Á hora de explicar o denominado “efecto bolboreta” Manuel Rivas apunta en “Zona a defender” que “un modesto bater de ás, coma a brisa, que levanta do chan un pasquín xusticeiro pode sacudir a alta torre dun poder que cría intocábel”.

Biblioteca do Monumento ao Camiñante Descoñecido

O efecto bolboreta perséguese coa acción denominada “Máis que palabras. Rescata cultura”. A túa colaboración permitirá producir a adaptación da novela “Os incurábeis” de Antonio Tizón para o formato podcast ou radionovela. Serán actores e actrices profesionais os que se encarguen dese traballo e queremos retribuír o seu labor. Por cada 140 “teamers” que logremos (estimando que cada un deles doará un euro ao mes durante un ano) estaremos reunindo o orzamento necesario para afrontar a produción dun mes, de 22 episodios da obra. Radiofusión encárgase da coordinación e da emisión do programa sen cobrar nada. Non hai gastos de estrutura, nin gastos bancarios nin da plataforma teaming. O euro co que ti colaboras  en https://www.teaming.net/radiofusion irá integramente para pagar á xente do mundo do teatro que participe na iniciativa. Como dicía Mario Benedetti: “É lindo saber que vostede existe”.

 

Cultura

Comentarios

Nome: 
Pedro Roldán Rodríguez

Publica o teu comentario agora