El negro pega con tó

El negro pega con tó
12 de Setembro, 2019 - 09:56 h. | Publicada por Radio Fene

Unha festa cubana despedirá ao verán este sábado na sala La Room de Ferrol. Actuará a banda “El negro pega con tó” con bolero, danzón, cha cha chá ou son. Un concerto para bailar e deixarse levar por temas que soan ao ouvido de toda a xente. Na mesma sala anunciase un concerto de Radio Océano.

Xosé Manuel Pereiro lidera Radio Océano

“El negro pega con tó” consta de cinco compoñentes. Son Niurka Carbonell ao piano e á voz, Bell Carbonell no trombón e a percusión, Iria Carbonell no trombón, Ildemaro Díaz na percusión e Bea Garcia na voz solista. Ofreceranse mojitos. Unha entrada custa tres euros, pero dúas persoas entrarán por cinco euros. E a sala La Room tamén programa un concerto de Radio Océano. A banda liderada por Johnny Rotring tocará en Ferrol o sábado 19 de outubro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora